Ungerer, Tomi (1931-2019)

Isto e aquilo / Tomi Ungerer - 1ª ed. - Pontevedra : Kalandraka , 2020 - 34 p. : il. cor ; 28 cm

Trátase dunha obra pensada en especial para os máis cativos, na liña de títulos anteriores como «Onde está o meu zapato?» e «Caracol, onde estás?», que se remontan á década de 1960.

«Isto e aquilo» foi a súa publicación definitiva, a proba de que continuou traballando practicamente ata os derradeiros días de vida demostrando que nunca perdeu o neno que fora, nin a capacidade do asombro propia da infancia. Afeccionado a establecer chocantes relacións entre palabras e imaxes, os debuxos reflicten o seu sentido do humor, natural e sen filtros, a picardía e o sentido lúdico. O autor presenta así un xogo de contrastes sorprendentes, un exercicio creativo moi especial que, lonxe de subestimar a intelixencia dos meniños con obviedades, representa un desafío á imaxinación e estimula a súa capacidade interpretativa a base de diversión, enxeño e dozura.

Máis dunha trintena de accións e de emocións represéntanse, por parellas e de xeito confrontado, neste libro visual de Tomi Ungerer. As únicas palabras que contén son as que identifican cada ilustración: rir - chorar, amar - compartir, ver - mirar, cantar - bailar?

9788413430416


Palabras
Verbos
Emocións
Vida cotiá

82-N